Na procura de 500.000 euros para promover a investigación do cancro a través de biopsia líquida
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Levan 80.000 euros recadados durante 25 días pero o seu obxectivo está marcado en lograr 500.000 euros durante tres meses. O grupo de oncoloxía médica do Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS) puxo en marcha esta campaña de micromecenazgo coa intención de obter fondos para destinar a recursos precisos para levar a cabo novas investigacións a través da técnica da biopsia líquida, que consiste en "espiar" o tumor analizando o sangue e desenvolver un medicamento de precisión para que cada paciente poida ter o fármaco máis idóneo para facer fronte ao cancro.
Este martes, o responsable do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional, Rafael López mantiña un encontro co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para explicarlle esta iniciativa complementaria ás achegas que realiza a Xunta de Galicia, a Unión Europea e o Goberno Central nestas investigacións, que constitúen o futuro para o tratamento dos tumores.
O investigador apuntou que en Gran Bretaña é moi importante o apoio que realizan os particulares para financiar investigacións biomédicas alcanzando un 42% das achegas mentres que en España non chega ao 2%. Por iso reclama a intervención dos particulares para impulsar este proxecto no que se necesita adquirir equipos especializados e contar con persoal cualificado para a análise da mostra.
Para colaborar pode realizarse unha transferencia bancaria á conta de ABANCA: ES68 2080 0300 8730 4556 7736; a través do teléfono 981 955 344; utilizando o e-mail: colabora.biopsia.liquida@oncomet.es ou enviando un SMS coa palabra CANCRO ao 28014 cun custo de 1,20 euros ou ao 38014 cun custo de 6 euros.
Os doantes poderán acollerse aos beneficios fiscais establecidos por lei a este tipo de achegas.
Relacionadas:
-
Pepe Solla apoia a campaña para o estudo da biopsia líquida
Por Oskar Viéitez |
-
Apoio do Pontevedra á campaña de mecenado para a investigación sobre a biopsia líquida
Por Redacción |
-
Fan falta mecenas para investigar sobre a biopsia líquida, a que agardas?
Por Redacción |
-
O 20% dos tumores de mama danse en mulleres menores de 45 anos
Por Mónica Patxot |