Falece 'Don Jaime', párroco de Santa María os últimos 16 anos
Por Redacción
O ex párroco da freguesía de Santa María la Mayor, Jaime Vaamonde Souto, coñecido como 'Don Jaime', faleceu o mediodía deste xoves a causa dunha grave enfermidade. Faleceu aos 70 anos no domicilio familiar na feligresía coruñesa de Santa María de Cutián, no Concello de Cesuras.
O párroco recibirá sepultura este venres 8 de marzo ás 16.30 na parroquia de Cutián. Dende a parroquia de Santa María la Mayor estase a organizar a asistencia a este funeral e enterro, mediante autocares que sairán dende Pontevedra ás 12.00 horas do mediodía, polo cal aquelas persoas que desexen asistir deberán anotarse con anterioridade no despacho parroquial ou na Real Basílica. Ademais, o próximo miércoles,13 de marzo, ás 20.00 horas, terá lugar outro funeral no templo pontevedrés.
'Don Jaime' estivo 16 anos á fronte de Santa María la Mayor, dende 1996 ata o verán de 2012. Ademais, tamén é moi coñecido en Vilagarcía, onde fundou a parroquia da Nosa Señora da Xunqueira.
Na súa despedida da parroquia pontevedresa manifestara que "he vivido unos años muy intensos, fueron quince años que me llevarán ahora a residir con mi familia, por razones que ya conocéis y con la intención de seguir prestando algún servicio pastoral, donde el Sr. Arzobispo me envíe como requieren las circunstancias".
Os propios fregueses recoñecen que con Jaime Vaamonde á fronte a parroquia de Santa María la Mayor "experimentó una importante transformación", e non só pola restauración integral do templo ou a consecución do título de "Real" en 2002, senón fundamentalmente porque conseguiu"implicar a muchos feligreses en la vida pastoral de la comunidad".
Entre outros méritos destacados durante a súa etapa pontevedresa está a musealización da torre e miradoiro do campanario, a celebración do Xubileu do Milenio, ou a beatificación en 2007 do primeiro e único mártir que a Igrexa Católica recoñece entre os nacidos en Pontevedra, Daniel de la Sagrada Pasión.