Unha nova partida do Plan Concellos servirá para empregar a 234 persoas
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que a Xunta de Goberno da institución provincial vai aprobar este venres a concesión de 1.659.167,79 euros do Plan Concellos 2017.
Estes cartos irán destinados a doce concellos, entre eles A Lama, Moraña, Poio, ou Portas. Con esta achega, e coas aprobadas a semana pasada, a institución provincial leva xa investidos 2.592.186,64 euros que están a permitir que vinte concellos da provincia poidan contratar a 347 persoas para manter e garantir os servizos municipais.
Carmela Silva subliñou a necesidade de que "as administracións sigamos impulsando medidas para loitar contra o desemprego".
A presidenta da Deputación entende que "sen esta liña os concellos da nosa provincia dificilmente poderían prestar servizos básicos xa que somos a única administración que pon á súa disposición recursos que permiten contratar a persoal e garantir así que poidan seguir prestando estes servizos, cubrindo ocos que está a provocar a lexislación aprobada polo goberno de Rajoy".
Relacionadas:
-
Poio amplía o seu parque móbil cun camión lixeiro con guindastre
Por Redacción |
-
A Deputación aproba 1,2 millóns de euros para que nove concellos poidan empregar a 155 persoas
Por Oskar Viéitez |
-
Vilaboa contratará dez persoas con cargo ao Plan Concellos 2017
Por Redacción |
-
Poio deseña un Plan de Emprego para contratar 28 desempregados
Por Redacción |
-
A Deputación dota de máis recursos ao novo concello de Cerdedo-Cotobade
Por Oskar Viéitez |