Unha traballadora do Porto de Marín atrápase unha man nunha máquina industrial
Por Redacción
Ás 3:20 da madrugada deste xoves tivo lugar un accidente laboral no porto de Marín.
Segundo informan desde o 112 unha muller V.S.G., duns 31 anos, resultou ferida ao quedarlle unha man atrapada nunha máquina industrial mentras traballaba nunha nave do recinto portuario. Ata esa nave acudiron efectivos da Policía Portuaria que interviron para evitar danos de maior consideración.
Membros da Policía Nacional realizaron un informe ao terse dado aviso a través do 112 e ata a zona tamén se desprazaron membros da Policía local de Pontevedra.
Pola súa banda, segundo sinalaron fontes sanitarias, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia medicalizada que evacuó á ferida ao Hospital Miguel Domínguez .