Unha mañá entre sendas e cunchas
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou este mércores o concello de Ponte Caldelas co obxectivo de comprobar o avance dos traballos de execución da senda peonil no tramo antigo da travesía de Fonzáns.
Na visita estivo acompañado polo alcalde do municipio, Perfecto Rodríguez, así como polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez e por un nutrido grupo de veciños da parroquia. Estas obras están executadas xa ao 60% por cento.
O rematar esta visita o delegado territorial trasladouse ata a empresa Abonomar na Illa de Arousa acompañado neste caso polo director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón.
Deste xeito, ambos responsables da Xunta puideron coñecer a labor desta empresa dedicada ao tratamento e reciclaxe de cunchas mariñas.
Segundo informaron os seus responsables, Abonomar leva 23 anos funcionando na Illa de Arousa sendo unha empresa pioneira en España certificada en transformación e xestión de residuos.