32 empresas creáronse en Poio no 2016
Por Redacción
Un total de 32 empresas creáronse no Concello de Poio durante o pasado ano 2016. Así o demostran os datos do Rexistro Mercantil e que difundiron desde o goberno municipal.
O edil de Promoción Económica, Gregorio Agís, destacou que Poio ocupa o sexto lugar entre as dez primeiras poboacións de área de influencia de Pontevedra. Só lle superan a capital da provincia, Vilagarcía, Sanxenxo, Lalín e Valga.
Agís apunta que a pesar de ser un municipio de menor tamaño, en Poio creáronse máis empresas o pasado ano que en localidades de mediano tamaño como A Estrada, Cambados, Marín ou Bueu.
Ademais, o Concello de Poio asegura que, entre todos eles, o único municipio que carece de polígono industrial é o seu, ao estar paralizada a tramitación de Fragamoreira.
Por iso, o goberno municipal entende que estes datos serían aínda mellores se estivese dispoñible o chan empresarial previsto no devandito polígono, unha infraestrutura que segundo Gregorio Agís favorecería a chegada de novas iniciativas empresariais ao municipio.