Pontevedra: unha experiencia sensorial máis alá da vista
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
A choiva caía persistentemente, o chan estaba mollado e o ceo escurecido. O momento non se presentaba como o máis idóneo para gozar dunha visita turística, pero guías e visitantes mostrábanse ansiosos na praza da Peregrina de Pontevedra. Todos querían mergullarse nunha experiencia sen antecedentes en Galicia e que prometía deixar un recordo diferente da cidade do Lérez: un percorrido accesible polos lugares máis emblemáticos da cidade.
A imaxe resultaba, canto menos, rechamante. A metade do grupo que se congregou na Peregrina e que durante dúas horas percorreu o centro da cidade tiña dificultades para ver os lugares visitados. Algúns eran afiliados da ONCE. Outros, persoas sen dificultades de visión, pero cos ollos tapados para simular que teñen algún tipo de patología visual. Todos querían atoparse en igual de condicións para emprender unha visita na que alumnos do Ciclo Superior de Guías de Turismo do centro Carlos Oroza puxeron a proba os coñecementos adquiridos nos últimos meses e leváronlles por un percorrido sensorial por Pontevedra máis aló do sentido da vista.
"Que este colectivo pueda disfrutar Pontevedra a través de los otros sentidos, que pueda sentir, tocar, oler la ciudad". Este é o obxectivo que marcaron aos seus alumnos as dúas profesoras coordinadoras da iniciativa, Rosa Marcos e Tina Otero. A tenor das valoracións dos participantes, cumpriuse. Tralo percorrido, mostraban a súa sorpresa por descubrir "una Pontevedra diferente". "Puede sonar raro, pero he visto rincones de la ciudad que no conocía", sinalaba un dos visitantes que levaba os ollos tapados cunhas particulares lentes.
"La experiencia es única y va a ser enriquecedora además de didáctica", vaticinou antes da visita uno dos guías, o alumno Alexandre Penas. Para facer posible que o balance final fose satisfactorio, xunto aos seus compañeiros preparou un percorrido por Pontevedra no que propiciaron que os visitantes tocasen os distintos monumentos, cheirasen fragrancias como a laranxa, o pan ou as sardiñas ou puidesen ter acceso a recreaciones en braille ou en relevo dunha imaxe tan emblemática da cidade como a concha de vieira que dá forma á planta do santuario da Peregrina.
Os edís de Turismo e Mobilidade, Carlota Román e Luís Bará, convertéronse no centro de atención de parte da visita. Ambos ían cun guía suxeito do brazo, os ollos tapados e, no caso de Bará, un paraguas para axudarse a camiñar sen tropezones con obstáculos como os empedres dalgúns tramos do percorrido. Os dous mostraron cara de sorpresa cando os seus acompañantes fixéronlles tocar algunhas esculturas das igrexas pontevedreses, a estatua ao mollo Ravachol , as linguas das fontes que coroan varias prazas da cidade ou adaptacións en relevo do escudo de Pontevedra, dunha cuncha de vieira, unha caricatura de Castelao e das plantas da basílica de Santa María e das ruínas de Santo Domingo.
A visita estivo acompañada de explicacones sobre o Camiño Portugués ("escuchen, llega un peregrino, es un bastón, todo peregrino lleva un bastón", explicaba un dos guías mentres de fondo reproduciuse o sonidio dun caminante á súa chegada á ciuad), o santuario da Peregrina, as ruínas de Santo Domingo, a basílica de Santa María, a rúa Real ou as prazas do Pan, Méndez Núñez e A Leña. Lecturas e músicas típicas coa historia de cada lugar completaron as sensacións e potenciaron que gozasen de sentidos que persoas con discapacidad visual teñen máis desenvolvidos como o tacto ou o olfato.
A experiencia non só resultou reconfortante para os asistentes, senón que valeu a profesonres e alumnos para reafirmarse en que "aquí hay un nicho de mercado, una ocupación de futuro". "José Ángel (Abraldes, director do CRE da ONCE en Pontevedra) nos dijo que siempre que viene alguien de fuera tienen dificultades para encontrar guías que respondan a sus necesidades", revelou unha das profesoras. Con alumnos formados en prácticas como a deste mércores, será máis fácil que as persoa con algunha discapacidad visual poidan gozar de Pontevedra ao completo e que os estudantes teñan outra orientación laboral.
Para completar a actividade, denominada PONCHE ONCE, alumnos de Cociña, Pastelería e Servizos serviron un xantar adaptado no restaurante do Carlos Oroza. Ofreceron aos participantes un xantar accesible, unha comida cuxa degustación non entrañe dificultade algunha para as persoas cegas, isto é, "sin huesos o espinas, por ejemplo" e con catro menos en braille por mesa.
Relacionadas:
-
Comer máis aló da vista
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Unha 'Comida ás cegas' para poder saborear o mundo dun invidente
Por Elsa Juliá Sánchez & Cristina Saiz |
-
Paseo sensorial polos xardíns de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
A Universidade agradece a colaboración da Once
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Visita a cegas pola cidade de Pontevedra
Por |