As Q de calidade ás Rías Baixas entréganse en Madrid co gallo de Fitur
Por Redacción
Un total de 115 establecementos da provincia de Pontevedra teñen o distintivo Q de calidade turística. É o 40% dos que hai en Galicia, que conta con 284 entidades certificadas.
E dentro delas, as oficinas de turismo do Palacete das Mendoza e do Mosteiro de Armenteira foron as primeiras de Galicia en obter este distintivo, outorgado polo Instituto para a Calidade Turística Española.
Ambas oficinas, un ano máis, recolleron este recoñecemento nun acto que se celebrou na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles de Madrid.
A distinción, tal e como asegurou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, supón un recoñecemento á calidade dos servizos prestados por Turismo Rías Baixas. Para lograla, superaron unha estrita auditoría que valorou a calidade das instalacións, o servizo de atención e de acollida ao turista e a continua mellora dos medios técnicos e humanos.
Todo este esforzo, segundo Carmela Silva, "está a repercutir de forma moi positiva no sector turístico, tan importante para a economía das Rías Baixas".
Ata Madrid tamén viaxou o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, para recoller os diplomas de calidade turística para dez praias do municipio, a oficina de turismo e o porto deportivo.
Estas Q de calidade se suman ás 24 empresas e entidades que obtiveron ou renovaron a súa certificación en 2016, e entre as se que contan restaurantes, cámpings, hoteis ou axencias de viaxes.
As 36 Q de calidade pola excelencia dos seus servizos, equipamentos e instalacións que ostentan os establecementos de Sanxenxo convérteno no destino turístico con maior distintivos de Galicia e o segundo de España.
Relacionadas:
-
O Palacete das Mendoza acolle a oficina municipal de información turística de Pontevedra
Por Luca Yohan Silva Lamy |
-
"Espectacular" experiencia de Turismo Rías Baixas en Fitur
Por Oskar Viéitez |
-
As Rías Baixas pasearán en autobús por Madrid
Por Redacción |
-
A comarca de Pontevedra, protagonista en Fitur
Por Alejandro Espiño |
-
Os ecos de Cambados como Cidade Europea do Viño chegan a Fitur
Por Redacción |