A senda peonil e ciclista entre A Lanzada e Soutullo, na estrada PO-308, estará lista no verán
Por Redacción
A conselleira de Infraestrturas e Vivenda, Ethel Vázquez, achegábase este venres ata as obras da senda peonil e ciclista entre A Lanzada e Soutullo, na estrada PO-308. A representante da Xunta indicou que as obras estarán finalizadas este verán.
Vázquez Mourelle indicou que estas obras forman parte do novo itinerario peonil e ciclista na PO-308, entre A Lanzada e Portonovo, que a Xunta impulsa cun investimento de ao redor de 6,5 millóns de euros. A conselleira destacou que este proxecto mellorará a seguridade viaria e contribuirá a dinamizar turísticamente a zona.
O tramo onde se executan os traballos ten unha lonxitude de 2,7 quilómetros e conta cun investimento de 3,3 millóns de euros. Atópase xa executado nun 34%. Este proxecto recolle outras intervencións, como a mellora de interseccións, construción dunha glorieta e a dotación de 200 prazas de aparcadoiro.
A conselleira tamén explicou que o seu departamento continúa traballando nun segundo tramo da senda, que irá desde Soutullo ata Major. Está previsto que se execute neste primeiro trimestre, co obxectivo de que finalice no verán de 2018. Trátase dun tramo de 1,2 quilómetros de lonxitude no que se investirán ao redor de 900.000 euros.
O terceiro tramo, de Major a Portonovo, atópase na fase de redacción do proxecto e a intención da Xunta é que a redacción finalice en marzo ou en abril para iniciar a contratación dos traballos este mesmo ano.
Relacionadas:
-
O novo tramo de senda peonil entre Major e Portonovo mellorará o acceso ás praias e as paradas de autobús
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez di que a senda entre Soutullo e Major estará rematada antes do verán
Por Redacción |
-
O paseo entre A Lanzada e Portonovo terá unha nova senda para peóns e ciclistas de 1,2 quilómetros
Por Redacción |
-
Empezan as obras da senda peonil e ciclista que conecta Soutullo e A Lanzada
Por Redacción |