Cinco asociacións de Pontevedra poñen en marcha o proxecto "Xuntos no Camiño"
Por Redacción
Cinco asociacións de Pontevedra presentarán o vindeiro sábado 21 de xaneiro, no albergue de peregrinos de Pontevedra, a iniciativa "Xuntos no camiño" que porán en marcha ao día seguinte, domingo 22 de xaneiro.
É unha iniciativa de ASAMPO (Asociación de Amigos da Pontevedrada), ASSEII (Asociación Socio-sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal), ANEDIA ( Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia, PEDALADAS (Asociación para a Promoción da Mobilidade Alternativa), AMENCER-ASPACE (Asociación de Atención á Parálese Cerebral, afectacións motóricas de orixe neurolóxica e outras patoloxías afíns).
Colaboran neste proxecto a Asociación de Amigos do Camiño Portugués e a Deputación de Pontevedra.
"Xuntos no camiño" pretende completar por etapas o Camiño Portugués desde Tui para amosar que as patoloxías que representan estes colectivos non son un impedimento, e para seguir reclamando medidas que normalicen o día a día destes enfermos.
Durante o percorrido, os peregrinos, entre eles nenos con enfermidades crónicas e parálise cerebral, farán varias actividades, como a de remarcar o trazado do Camiño Portugués con frechas e cunchas de vieira pintadas en amarelo.
O sábado presentarán o calendario destas actividades e as iniciativas que se levarán a cabo nas diferentes etapas.
Relacionadas:
-
Visibilizar os pacientes de Crohn ou colite ulcerosa, obxectivo dunha xornada informativa no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Reto conseguido! Xuntos no Camiño chega a Compostela
Por Redacción |
-
Os participantes do reto "Xuntos no Camiño" afrontan dúas novas etapas
Por Redacción |
-
Sanidade garante o seu compromiso con Aspace
Por Redacción |
-
Persoas con parálise cerebral loitan por entrar no mercado laboral
Por Redacción |
-
Máis de 80 persoas inician o Camiño Portugués a Santiago para facer visibles as súas doenzas
Por Redacción |
-
Cinco asociacións unidas e un Camiño Portugués a Santiago
Por Anxo Lourido |