Arden os aparellos dun faiado nun incendio nunha vivenda unifamiliar en Sanxenxo
Por Redacción
Os aparellos gardados nun faiado arderon nun incendio rexistrado nunha vivenda familiar do lugar da Barrosa, na parroquia de Portonovo, en Sanxenxo.
Segundo informa Emerxencias de Sanxenxo, o incendio produciuse sobre as 9.15 horas e desprazáronse ao lugar vehiculos municipais de emerxencias e a Garda Civil.
O lume afectou ao faiado e "non tivo grandes consecuencias grazas á rápida actuación" dos efectivos desprazados ao lugar. Ás 9.45 hora deuse por controlado o lume e retiráronse os medios.