As infraestruturas non son neutras nos sinistros viarios
Por Oskar Viéitez
Os colectivos ciclistas Pedaladas e Masa Crítica poñen en marcha unha nova acción enmarcada no programa: "Cero Violencia Viaria: Obxectivo Cero mortos"
A primeira acción foi o chamamento aos ciclistas para que saian coa súa cámara e faciliten as imaxes das condutas perigosas que vemos todos os días na estrada; a segunda foi no barrio de Mollabao, a acción tiña como obxectivo mostrar a demanda por medidas de calmado de tráfico por parte dos veciños para garantir que se cumpra os limites de velocidade, a terceira foi o inicio do curso formativo Ao INSTIenBICI no Frei Martin Sarmiento para resaltar a importancia da formación na redución do numero de falecidos nas estradas.
Agora sinalan ás infraestruturas porque "non son neutras nos sinistros viarios".
Nesta ocasión, Pedaladas pretende sinalar os puntos negros da seguridade viaria por incumprimento dos deberes da propia administración, en conservación, en construción e deseño perigoso. "A única opción que nos queda é facer públicos estes problemas para intentar que se solucionen. Son problemas graves, que poden causar feridos e falecidos pero que as administracións implicadas están a desatender", aseguran.
Citan como exemplo o No de Bombeiros que ten o firme totalmente desfeito o cal é un perigo para ciclistas e motoristas. Neste lugar non é raro ver a condutores que se trabucan facendo a rotonda ao revés ou que dan marcha atrás no acceso á AP9, é un perigo para os peóns que se teñen que desprazar polo lugar para acceder á comandancia ou seguir camiño cara o polígono do Vao.
"É o mellor exemplo de mala conservación, mala execución e intersección complicada para os automóbiles".
Tamén inclúen nestes exemplos a falta de sinalización de itinerario alternativo na PO-11, ou as limitacións de velocidade incorrectas.
Relacionadas:
-
Esta próxima semana "Ao InstienBici" na Xunqueira 2 e no Sánchez Cantón
Por Redacción |
-
Estas oito condutas ao volante puxeron en perigo a ciclistas e xa foron denunciadas
Por Natalia Puga |
-
Ao insti, en bici e seguros
Por Redacción |
-
Búscanse activistas contra a violencia viaria
Por Redacción |
-
O goberno local apoia a conversión en paseo ciclista dun carril da autovía de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
No que vai de ano 30 ciclistas foron sancionados por Tráfico
Por Oskar Viéitez |