A presenza dun helicóptero do 112 fai saltar as alarmas en Portonovo
Por Redacción
A presenza dun helicóptero do 112 sobrevoando Portonovo fixo saltar este mércores todas as alarmas na localidade e espertou grande expectación entre os veciños do ámbito e do resto de Sanxenxo.
O helicóptero chegou pouco despois das 11.00 horas alertado polo Centro de Atención de Emerxencias 112. Desprazouse dende a base de Santiago con intención de trasladar unha persoa ferida de arma de fogo na cabeza a un centro hospitalario vigués.
A alerta de que había unha persoa ferida deuna Urxencias Médicas de Galicia sobre as 10.30 horas e varios veciños realizaron chamadas porque sentiron un disparo nunha vivenda da localidade.
A Garda Civil investiga as circunstancias do incidente. A persoa ferida, un mozo de 31 anos, está grave no hospital.