Redeaxuda distribuíu en 2016 dez mil quilos de alimentos recollidos en actos solidarios
Por Redacción
Pontevedra segue a ser unha cidade solidaria. Así o demostra o balance da Redeaxuda no pasado ano 2016. Un total de dez mil quilos de alimentos distribuíu esta rede, coordinada polos servizos sociais do Concello e na que participan a maior parte das ONG e colectivos sociais da cidade. Foi o que se recolleu en diferentes actos solidarios e mesmo por particulares.
Tras unha xuntanza coas entidades que forman a Redeaxuda, Carmen Fouces subliñou a boa sintonía acadada entre as diferentes asociacións, o que permite afrontar con celeridade e eficiencia as demandas sociais que atenden todas elas.
Este bo engrenaxe amosouse, por exemplo, na campaña dos cómplices dos Reis Magos na que 465 nenos e nenas de ata 18 anos recibiron a tempo os agasallos que pediran aos Reis. Fouces tamén quixo destacar a excelente resposta cidadá fronte as alertas de Redeaxuda "que se cobren todas case de inmediato".
Actualmente, estas entidades teñen un déficit en materia de electrodomésticos, unha cuestión que o Concello quere paliar cunha campaña que se presentará nas vindeiras semanas.
Neste balance tamén se incluíron os 6.000 euros recollidos pola Redeaxuda en doazóns. Os cartos foron depositados en tres establecementos da cidade para que as entidades adquirisen os alimentos, roupa, material escolar e produtos farmacéuticos que precisaran.
Nove entidades sociais integran Redeaxuda. Son a asociación Rexurdir Provincial, Cáritas Interparroquial, Calor y Café, Club de Leones, Comedor San Francisco, Fundación Amigos de Galicia, Fundación Meniños, Fundación Secretariado Xitano e Proxecto Home Galicia.
Relacionadas:
-
Redeaxuda estuda accións novas relativas ás persoas maiores
Por Redacción |
-
A solidariedade da Fundación Amigos de Galicia con Pontevedra, en cifras
Por Redacción |
-
Exhibición de solidariedade no parque de bombeiros
Por Cristina Saiz |
-
Imaxinación e solidariedade na Sétima Feira
Por Redacción |
-
A cara máis solidaria do Surfing the Lérez: seis toneladas de alimentos para Redeaxuda
Por Redacción |