Singular despregue de bombeiros e policías no colexio Álvarez Limeses
Por Oskar Viéitez
Terminaran a súa quenda no comedor, así que os nenos saíron a xogar ao patio do colexio. A curiosidade infaltil levou a un dos pequenos, de nove anos, a introducir a súa perna entre o reducido espazo que quedaba entre unha cañería e a parede. A perna entrou sen dificultade, pero á hora de retirala as cousas complicáronse.
O raparigo púxose nervioso e iso provocou que o xeonllo quedase bloqueado por completo. Os responsables do patio enseguida chamaron aos servizos de urxencia que sorprenderon a todos co seu singular despregue: dous camións de bombeiros, unha ambulancia, dúas motos da policía local, e dado que están o carón, algúns policías nacionais.
O rescate foi tan sinxelo como facer palanca no tubo da cañería.
Segundo explicou o director do Colexio, Vicente Fernández, por seguridade trasladouse ao menor ata o Hospital Miguel Domínguez, aínda que non presentaba ningún tipo de lesión.
Obviamente semellante despregue nun centro escolar chamou a atención de propios e estraños, aínda que felizmente todo quedou nunha feliz anécdota.