O Mercantil proba fórmulas de captación de socios en tempos de crise
Por Anxo Lourido
Se un socio actual do Casino Mercantil consegue unha alta nova cunha, antes do 16 de maio, permanencia de seis meses obterá un 50% de desconto da súa cota actual durante o mesmo tempo. Isto é, pasaría a pagar 20 euros ao mes en lugar dos 39 actuais. A promoción explicábaa o presidente do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, Roberto José Vega, e xustificábaa como unha fórmula para aumentar o número de socios antes do verán.
E é que a crise aperta. Dende o verán pasado sufriron ao redor de cen baixas de socios que deixa á sociedade nun número de 800. "Es curioso porque se trata de gente que lleva muchos años como socios, gente cuyos hijos se quedaron sin trabajo y tienen hipotecas" afirma Roberto José Vega. O Mercantil mesmo ten en marcha unha política para aqueles socios que sufriron nas súas carnes a problemática do desemprego. "Si nos traen la tarjeta del paro y la vida laboral, pueden seguir utilizando las instalaciones sin pagar el recibo. Y en el momento en el que consigan un trabajo, vuelven a pagar el recibo desde esa fecha sin ningún añadido".
O obxectivo coa campaña actual é alcanzar os mil asociados ofrecéndolles novas alternativas de ocio grazas aos acordos alcanzados co Club Naútico de Aguete ou co Club de montañeiros, ademais das posibilidades que ofrece o centro da Praza de Curros Enríquez ou as instalacións deportivas en Mourente.
Aseguran que tamén un 10% das baixas nos últimos tempos teñen debido a falecementos de socios veteranos.
En todo caso, a directiva garante o futuro da sociedade porque "las cuentas están saneadas. Estamos pagando una hipoteca importante pero no estamos empufados, pagamos todo al día". Nese sentido, o presidente afirma que non ten demasiado claro que o aluguer do baixo a Burger King fose un acerto, a pesar de que paga 6 mil euros ao mes polo uso da instalación. Entenden que a anterior cafetaría tamén ofrecía importantes ingresos e outras vantaxes.
O 21 de marzo, o Casino Mercantil celebrará a asemblea na que se presentará o presuposto anual do que aínda a directiva non facilitou datos porque "se está elaborando".