Comezan os obradoiros de prevención de condutas aditivas nos institutos
Por Redacción
A Concellaría de Benestar Social pon en marcha a vindeira semana os obradoiros de prevención de condutas aditivas nos institutos de educación secundaria da cidade, nos que participaron 3.041 escolares no pasado curso.
Estes obradoiros intégranse nas accións no ámbito escolar que desenvolve o Plan Municipal de Prevención de Condutas Aditivas do Concello en colaboración coa Consellería de Sanidade.
Os primeiros centros en recibir este programa son os institutos de ensinanza secundaria Valle Inclán, Frei Martín Sarmiento, Xunqueira I, Torrente Ballester e o Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza. Posteriormente o programa continuará no resto de centros educativos aos que, dende o concello, agradeceron a súa colaboración para que este programa se poida desenvolver dende hai casi 20 anos.
Nestes obradoiros, dirixidos fundamentalmente á poboación estudiantil entre primeiro e cuarto da ESO (tamén se fan en ciclos de FP) trabállanse tanto adiccións a substancias como tabaco, alcohol, cannabis... como outras adiccións comportamentais (mal uso das novas tecnoloxías).
Cada grupo recibe unha formación de catro sesións de 50 minutos de duración adaptadas a súa idade, onde se desmontan mitos, analízanse os patróns de consumo e as estratexias publicitarias das diferentes marcas, traballando as consecuencias do consumo e reforzando a actitude crítica con respecto ao consumo para facer fronte á presión grupal.
Cada vez colle máis importancia o traballo sobre o mal uso das novas tecnoloxías debido a distorsións que provocan no funcionamento escolar e familiar.
Relacionadas:
-
Oitenta carteis feitos por rapaces alertan dos perigos das condutas aditivas
Por Redacción |
-
O 7,3% dos adolescentes pontevedreses apostan en xogos online
Por Natalia Puga |
-
Expresión artística para previr condutas aditivas
Por Redacción |
-
Un curso forma a mozos como mediadores en prevención de condutas aditivas
Por Redacción |
-
Un concurso de fotografía e curtametraxes premiará ideas para previr condutas adictivas
Por Redacción |
-
Aumenta o número de mozos pontevedreses consumidores de cannabis
Por Redacción |
-
Os colexios pontevedreses elixen entre un catálogo de 43 actividades municipais este trimestre
Por Redacción |