Nava Castro comproba en Marín o resultado do plan de sinalización de recursos turísticos
Por Redacción
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, comprobaron este xoves en Marín o resultado do plan de sinalización de recursos turísticos que contou co financiamento do goberno galego.
Marín recibiu unha axuda de 22.250 euros ao ser un dos 82 concellos beneficiados por esta liña convocada anualmente por Turismo de Galicia.
"Mediante estas subvencións queremos consolidar a oferta turística nas zonas rurais poñendo en valor a súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística" afirmou.