A Deputación non poñerá problemas á Xunta para que ceda a Ence o Pazo de Lourizán
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, reiterou "por activa e por pasiva" que a institución provincial está disposta a prorrogar a cesión á Xunta do Pazo de Lourizán.
Mosquera asegurou que na Deputación "non temos ningunha proposta concreta por parte da Xunta" da proposta anunciada ante os medios de comunicación polo vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, para rehabilitar o deteriorado Pazo de Lourizán con diñeiro achegado pola empresa Ence.
Preguntado por este asunto César Mosquera apuntou que "por parte da Deputación non habería ningún problema en prorrogarlles a cesión se a Xunta quere ter mans libres para facer unha previsión".
E é que o acordo de cesión deste histórico inmoble titularidade da Deputación está a piques de rematar "e non sabemos a Xunta o que querer facer", lembrou Mosquera.
E respecto da proposta de Ence engadiu "que non se enganen, a Deputación non vai a poñer problemas".
Mosquera lembrou que aos longo dos últimos anos anunciáronse varios proxectos para este edificio aínda que ningún deles callou. "Falouse de moitísimas cousas pero a realidade é a que é", dixo o vicepresidente provincial antes de concluír que "dános a sensación de que non hai ese interese nin está nas prioridades da Xunta".
Relacionadas:
-
Ence desmárcase do Pazo de Lourizán e alerta de que Pontevedra perde un centro de referencia mundial
Por Redacción |
-
Os socialistas queren saber a posición do Concello de Pontevedra sobre os usos do Pazo de Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR pide á Deputación que garanta a titularidade pública do Pazo de Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva disposta a parar a súa axenda para reunirse con Rueda
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta pedirá, por terceira vez, un encontro coa Deputación para falar do Pazo de Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación acusa a Rueda de "boicotear" a xuntanza sobre o Pazo de Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR pide unha reunión con Carmela Silva ante o "inaceptable" proxecto de ENCE para o Pazo de Lourizán
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira critica a "cerrazón" de Carmela Silva co Pazo de Lourizán
Por Redacción |
-
Carmela Silva invita a Rueda a unha reunión para falar "sen terceiros" do Pazo de Lourizán
Por Alejandro Espiño |