O niño de avespa asiática localizado en Ponte Sampaio, reducido a cinza
Por Redacción
O niño de avespa asiática de grandes dimensións localizado polos veciños do Rañadoiro, en Ponte Sampaio, foi eliminado este martes "en apenas 10 minutos".
Así o recoñeceu José Manuel Vázquez, resposanble da empresa SERPA dedicada á eliminación deste tipo de niños, e que se desprazou á zona tras a alerta veciñal.
A pesar da a altura na que se atopaba o niño, localizado nunha árbore sobre o campo da festa, o proceso foi "relativamente fácil", empregando para iso o "sistema de cremación interna".
O niño de avispa asiática, de "unos 90 centímetros de alto y 50 de plano" foi reducido a cinzas tras tres meses de espera, o tempo que transcorreu desde a súa localización e aviso aos servizos de emerxencia sen que se actuase ata agora para retiralo.
A intervención correu a conta da propia empresa, segundo relatou José Manuel Vázquez a PontevedraViva.