Carmela Silva non acepta "ningunha lección" en materia de igualdade de Rueda nin do PP
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asegurou que non acepta "ningunha lección" en materia de igualdade nin do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nin de "ninguén do PP", xa que "nunca se reflectiron como axentes activos na igualdade das mulleres, máis ben todo o contrario".
Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da institución provincial, Carmela Silva foi preguntada polos xornalistas pola decisión do alcalde socialista do Concello de Ponte Caldelas de pechar o seu Centro de Información á Muller, unha decisión que Silva describiu como un "problema exclusivamente de índole laboral", derivado de contratacións "moi propias do PP alí onde gobernan".
"Sería inadmisible que Ponte Caldelas non prestase servizo pero xa hai contratada unha persoa para atención de violencia de xénero", puntualizou Carmela Silva, "xa se está dando ese servizo".
Nesta polémica terciou a pasada semana Alfonso Rueda durante unha visita ao municipio veciño da Lama esixindo á presidenta da Deputación e á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que expliquen "se lles parece normal" a decisión de Ponte Caldelas ou que, ata agora, "non merecese ningún comentario" por parte de PSdeG-PSOE e BNG, partidos que gobernan nese concello.
"Detesto profundamente á xente que está en política para embarrar o campo todo o rato e non para presentar proxectos de futuro para a xente", afirmou Carmela Silva.
As críticas de Rueda son para a presidenta provincial "absolutamente vergoñosas" por caer en "o máis ruin" que se pode facer en política, "utilizar un problema exclusivamente laboral para buscar réditos políticos".
Carmela Silva lembrou que a Xunta presidida polo socialista Emilio Pérez Touriño destinaba 8,3 millóns en 2010 en políticas de igualdade mentres que para este ano 2017 son 6,9 millóns, un 16,48% menos de investimento en igualdade, protección e promoción da muller.
Ademais Carmela Silva sinalou que "cando asasinan a unha muller en Galicia ten que denuncialo Feijóo e non o fai", e referiuse á foto enviada pola Xunta para ilustrar a información da visita do vicepresidente ao Concello da Lama na que se rodeou de "seis homes que nos querían dar ás mulleres leccións de igualdade", algo que para a dirixente socialista resulta "patético" porque ningún deles, dixo, "caracterizouse" pola súa loita pola igualdade.
Relacionadas:
-
Os socialistas reclaman á Xunta que asuma os Centros de Información á Muller
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva reclama á Xunta un plan integral para os CIM de Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Denuncian ante a Comisión Europea o peche do CIM de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas estrea talleres de prevención de violencia de xénero
Por Redacción |
-
A Deputación esixe á Xunta que redefina a situación dos CIM
Por Redacción |
-
O PP sinala a Carmela Silva como "cómplice" do peche do CIM de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda ve "bastante absurdas" as explicacións de Ponte Caldelas sobre o peche do CIM
Por Redacción |
-
O goberno local de Ponte Caldelas pide a destitución inmediata da secretaria xeral de Igualdade
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A Xunta insta o Concello de Ponte Caldelas a que rectifique a súa decisión de pechar o CIM
Por Redacción |
-
O PP levará ao Parlamento o "irresponsable" cese na actividade do CIM de Ponte Caldelas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Unha avogada, especializada en violencia de xénero, incorpórase ao servizo do Concello de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O CIM de Ponte Caldelas disporá dun servizo integral de asesoría legal
Por Redacción |