Unha condutora de 65 anos de Cambados choca contra un vehículo estacionado e da positivo en alcolemia
Por Redacción
Arredor das 10 da mañá producíase un accidente ao colisionar dous vehículos no Brexo, na estrada de Cambados ao Grove.
Un dos turismos, un Citroën C4, encontrábase estacionado aínda que co condutor no interior cando sufriu o impacto dun Ford Mondeo que se saía da vía.
Producíronse numerosos danos nos dous vehículos. Ata a zona desprazáronse membros de Protección Civil de Cambados, Urxencias Médicas e a Garda Civil de Tráfico.
O condutor do Citroën tivo que ser trasladado ao centro de saúde de Cambados por precaución. A condutora do outro vehículo, que se saíra da vía, foi trasladada ao posto da policía local onde lle realizaron a proba de alcoholemia na que deu resultado positivo cando eran aproximadamente as 11 da mañá. A condutora de 65 anos é natural de Cambados.