Un traballador en prácticas resulta ferido nun ollo ao saltarlle ácido sulfúrico en Tragove
Por Redacción
Un traballador en prácticas da piscifactoría Projoscar situada no Porto de Tragove sufriu lesións nun ollo, esta mañá, cando lle saltou ácido sulfúrico cando estaba a manipular a substancia corrosiva nun recipiente.
Segundo anunciou o Servizo de Emerxencias do 112 ata a zona desprazouse a Garda Civil, Protección civil de Cambados e Urxencias médicas.
Protección Civil indicou que o mozo foi trasladado ao Centro de Saúde de Cambados e posteriormente ao Hospital do Salnés no que se lle realizou un lavado da zona ocular.
A vítima é un mozo de 21 anos, veciño de Vilagarcía de Arousa.