Arde un inmoble en Vilanova de Arousa
Por Redacción
Ás 8:45 desta mañá, un particular alertaba ao servizo de emerxencias do 112 informando de que estaba a arder a súa vivenda situada no número 57 do lugar de Cardalda, pertencente á parroquia de Deiro no concello de Vilanova de Arousa.
Por causas aínda por determinar, o incendio orixinouse na parte superior do inmoble e afectou á cuberta e a un dos cuartos, segundo informou o Servizo de emerxencias do 112.
Ata o lugar trasladáronse membros de Protección civil de Vilanova de Arousa e a Garda Civil. O incendio non ocasionou danos persoais pero si importantes danos na vivenda.