Quen máis ou quen menos tivo as súas celebracións ao redor dunha mesa. Estas datas do Nadal resultan proclives a unha maior inxesta de comida e de bebidas alcohólicas. Ademais, aínda que hai excepcións, estas semanas relaxamos ou facemos unha pausa ao ejercio físico. Compartimos nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio como foron para Carmen Díaz, Pilar Boullosa, Laura Pego, Laura Rodríguez e Marta Samartín.
En xeral, non hai remorsos en pasarse ao comer e beber estas datas; logo chega xaneiro e, tamén en xeral, o convencemento de que voltamos aos hábitos cotiáns e a baixar algún quilo sumado no último mes. Non é complicado, se se poñen metas concretas e para comezar, sinxelas. É un dos consellos que a nutricionista Marta Samartín expón nesta charla. Non é o único e as invitadas das Conversas tomaron nota e mesmo fixeron algún que outro propósito saudable para 2017.