Rueda ve "bastante absurdas" as explicacións de Ponte Caldelas sobre o peche do CIM
Por Redacción
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou este mércores o Centro de Información á Muller (CIM) que comparten os municipios da Lama, Fornelos de Montes e Cerdedo-Cotobade para recoñecer e dar coñecer o traballo do servizo e das súas dúas traballadoras e, de paso, aproveitou para manifestar a súa contrariedade coa decisión de Ponte Caldelas de pechar as súas instalacións a cambio de contar co servizo dunha avogada especializada en violencia de xénero.
Rueda considera que as explicacións achegadas polo alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, para o cesamento da actividade son "bastante absurdas" e "non se sosteñen" e pregunta aos máximos responsables do PSOE e BNG, partidos integrados no tripartito que goberna o municipio, pola súa postura en relación con esta situación. Dirixe a súa pregunta en específico á portavoz nacional nacionalista, Ana Pontón, e á presidenta socialista da Deputación Provincial, Carmela Silva.
Segundo indicou en declaracións aos medios na Lama, quere saber se a Pontón e Silva "lles parece normal" o peche e "lles parece que non merece ningún comentario", pois ningún dos dous partidos realizou valoracións sobre o particular mentres apoian un goberno municipal que permite que "as mulleres queden desasistidas".
Rueda lembra que a Xunta de Galicia leva anos achegando fondos para o CIM de Ponte Caldelas e que recibe a mesma axuda que outros centros que funcionan perfectamente, de modo que lle pide ao alcalde que explique que lle levou a tomar unha decisión que "non ten explicación lóxica" e que, para el "queda claro que foi por motivación política".
Ademais, insiste en que "que esta decisión se tome cando se coñece un repunte das mortes de violencia machista é inexplicable".
O vicepresidente defende que este tipo de centros son unha "axuda fundamental" para as mulleres vítimas de violencia de xénero e considera que "se entende moi mal" que haxa concellos que opten por pechalos e que entendan que é mellor que unha soa avogada atenda ás vítimas un día á semana que a existencia dunha psicóloga e un letrada cinco días á semana como ocorre nos CIM.
Relacionadas:
-
Piden a dimisión do alcalde de Ponte Caldelas tras declararse nulo o despedimento das traballadoras do CIM
Por Redacción |
-
O PP presenta unha proposición non de lei para pedir a reapertura do CIM de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Denuncian ante a Comisión Europea o peche do CIM de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación esixe á Xunta que redefina a situación dos CIM
Por Redacción |
-
O PP sinala a Carmela Silva como "cómplice" do peche do CIM de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva non acepta "ningunha lección" en materia de igualdade de Rueda nin do PP
Por Oskar Viéitez |
-
Andrés Díaz reta a Rueda a visitar Ponte Caldelas para abordar a discriminación da Xunta co Concello
Por Redacción |
-
O goberno local de Ponte Caldelas pide a destitución inmediata da secretaria xeral de Igualdade
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A Xunta insta o Concello de Ponte Caldelas a que rectifique a súa decisión de pechar o CIM
Por Redacción |
-
O PP levará ao Parlamento o "irresponsable" cese na actividade do CIM de Ponte Caldelas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Unha avogada, especializada en violencia de xénero, incorpórase ao servizo do Concello de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O PP de Ponte Caldelas critica o alcalde por suprimir o Centro de Información á Muller
Por Oskar Viéitez |