Sanxenxo presenta o agasallo perfecto para o Día do Pai
Por Redacción
Xa queda pouco para a celebración do Día do Pai e para aqueles aos que lles asaltan as dúbidas á hora de elixir un agasallo para unha data tan sinalada o Concello de Sanxenxo failles unha recomendación: un menú degustación ao prezo único de 25 euros por persoa (IVE incluído) e que inclúe catro pratos, sobremesa, servizos de bebida, pan e café.
"Una experiencia gastronómica, un momentos de desconexión e lecer gozando dun dos nosos principais atractivos, é un xeito orixinal e inesquecible de agasallar nunha ocasión especial como é esta", comentou a concejala de Turismo, Almudena Aguín.
"ÿ un xeito orixinal e inesquecible de agasallar nunha ocasión especial como é esta"
A sociedade formada polo Concello de Sanxenxo e o CETS emprendeu unha nova campaña promocional de 'SANXENXO, DEGUSTAción' un dos produtos cos que busca impulsar "o bo facer dous nosos profesionais e a calidade da materia prima que empregan para as súas elaboracións, que van dende nova cociña a pratos de corte máis tradicional".
Turismo de Sanxenxo pretende así que veciños do municipio e da comarca, ademais dos visitantes deste destino turístico, aproveiten a oferta gastronómica existente como obsequio en datas sinaladas como o 19 de marzo "para a que ofertamos un bono específico", insistiu a edila, á vez que recordou que desde esta sociedade "personalizamos as tarxetas regalo para cada acontecemento especial que nos soliciten, incluídas comidas e ceas para empresas".
"Conforma un variado abano no que os usuarios poden atopar a proposta máis axeitada a cada gusto"
Son un total de 18 os restaurantes que participan en 'SANXENXO, DEGUSTAción', conformando "un variado abano no que os usuarios poden atopar a proposta máis axeitada a cada gusto", subliñou Aguín. Asador do Museo, El Rincón de Roberto, Asador Penaguda II, Cervecería Azor, Cervecería Salgadoiro, Mesón Fontán, Mesón Xerfa, Restaurante Ardentía, Restaurante Carmen, Casa O Outeiro, Restaurante Don Camilo, Restaurante Mardivino, Restaurantes Marlima y Marlima II, Restaurante Sabino, Vía Augusta y Vía Nuvó, El Rincón del Tapeo, O Rincón dos Barcos y Todoababor, son os integrantes desta iniciativa.
Esta proposta gastronómica, que se complementará en breve con 'SANXENXO DEgusta DOCE', favorece que estes establecementos ofrezan durante todo o ano un menú degustación.
Para conseguir a tarxeta regalo do Día do Pai, que ten o mesmo prezo do menú degustación, tan só é necesario achegarse á Oficina de Turismo, situada no Porto Deportivo Juan Carlos I. Posteriormente, o interesado deberá reservar no local elixido con 48 horas de antelación e poderá consultar as propostas de cada establecemento na páxina web de Turismo de Sanxenxo ou no folleto editado con toda a información, dispoñible nas oficinas de turismo, restaurantes e aloxamentos.