O PP denuncia a prórroga "irregular" do contrato de mantemento de parques e xardíns
Por Alejandro Espiño
O Partido Popular acusa ao goberno municipal de prorrogar irregularmente o contrato de mantemento e conservación de parques e xardíns. Di Jacobo Moreira que decidiron prorrogar un ano máis o contrato, vixente desde 2006, "sin convocar el preceptivo concurso público y desoyendo los contundentes informes contrarios emitidos por el secretario y el interventor municipal".
Unha actitude da que responsabiliza ao propio alcalde, Miguel Fernández Lores, e ao concelleiro de Facenda, Raimundo González. Asegura que ambos fixeron a mesma operación en 2012, cando se cumpriu o período máximo establecido no pliego de condicións asumido seis anos antes. "Y lo hacen ahora de nuevo sin molestarse siquiera en cambiar y mejorar los argumentos utilizados hace un año para justificar la irregular resolución", denunciou.
Segundo explicou Jacobo Moreira en rolda de prensa, Elsamex foi contratada o 1 de febreiro de 2006 por un período de catro anos, prorrogable por dous máis, cun orzamento de 437.000 euros anuais. En 2010 concedéuselle a primeira prórroga e en 2011, "curiosamente dos meses después del vencimiento", é dicir, en abril e non en febreiro, a segunda. En novembro dese ano, a xefa de Contratación advertiu que Elsamex debería cesar na actividade e que habería que iniciar o procedemento para contratar novamente o servizo.
Pero o 27 de xaneiro, continuou Moreira, pouco máis de dous meses máis tarde, Raimundo González propuxo "sorprendentemente" a renovación por outro ano máis con Elsamex alegando que "o mantemento de zonas verdes é fundamental para garantir o dereito a gozar dun medio ambiente adecuado". Foi unha decisión que xustificaba, segundo o PP, porque "a licitación da adxudicación dun novo contrato aínda levará un tempo".
Reiterou Jacobo Moreira que aquela proposta fose rexeitada "con contundencia" por Secretaría, alegando que "no noso ordenamento non caben prórrogas tácitas" e por Intervención porque "incumpre o vencemento do prazo legal máximo para este tipo de contratos", pero aínda así o alcalde "decidió no atender estas objeciones" e a Xunta de Goberno adoptou devandito acordo, marcando un prazo máximo ata o 1 de febreiro de 2013.
"Llegada esta fecha, Raimundo González vuelve a esgrimir los mismos argumentos para repetir la operación", explicou Moreira, malia contar de novo coa oposición legal de Secretaría e Intervención, á que se engade un informe negativo do órgano de Xestión Presupuestaria, dado que neste caso a ampliación proposta chega aos trece meses, ata o 28 de febreiro de 2014.
Por iso é polo que Jacobo Moreira asegure que é "una tomadura de pelo", unha actitude que cualificou de "impresentable", ao entender que o Concello de Pontevedra "se pasa las leyes por el forro y luego va alardeando de que son muy transparentes".
"Non hai nada ilegal" di Anxos Riveiro, que recordou que a lexislación vixente prevé este tipo de prórrogas
O Concello defende a decisión de prorrogar o contrato
Pero segundo o goberno municipal, o Concello prorrogou o contrato con Elsamex motivado polo feito de que aínda se están redactando os pliegos para proceder á nova adxudicación. Pero especialmente debido á situación económica, porque segundo Anxos Riveiro, concejala de Parques e Xardíns, "un novo contrato aumentaría o investimento case o dobre", debido ao crecemento da cidade nos últimos anos.
Tras recalcar que na actuación do goberno local "non hai nada ilegal", Anxos Riveiro recordou que a lexislación vixente prevé este tipo de prórrogas. Aínda que recoñeceu a existencia de informes que desaconsellaban esta decisión, a edil nacionalista defendeu esta medida explicando que "non somos partidarios de despilfarrar os cartos".
O Concello espera sacar a licitación o novo contrato de mantemento de parques e xardíns antes de que acabe esta nova prórroga con Elsamex en febreiro de 2014, "aínda que podemos ver se podemos axilizalo". En todo caso, apuntou que "non é doado", ao asegurar que "as circunstancias van cambiando polo crecemento da cidade e existen novas zonas que non estaban previstas".