A Deputación estudará a colaboración con entidades privadas para atender aos cans abandonados
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
As instalacións do Centro de Acollida de Animais (CAAN), en Armenteira, acollen diariamente unha media de seiscentos animais o que pon ao límite a capacidade deste recinto dependente da Deputación de Pontevedra.
A deputada delegada do CAAN, Eva Vilaverde, informou que para o próximo ano están a plantexando reformas neste servizo que asume as competencias municipais dos concellos de poboación inferior a 50.000 habitantes.
Eva Villaverde explicou que están a estudar a posibilidade de crear un novo centro de acollida no sur da provincia ou ben subscribir acordos con entidades privadas e públicas para poder atender este problema.
"Temos un problema fundamental, desde sempre, que é a centralización", xa que o CAAN atende aos municipios de toda a provincia abarcando un territorio bastante amplo o que supón problemas cos transportes, recollidas e mesmo nas campañas de adopcións.
Outro problema é o da esterilización. Eva Villaverde explicou que o orzamento do CAAN incrementarase dos 375.000 ao medio millón de euros co propósito de esterilizar a todos os animais que acudan ao centro.
AUMENTAN AS ADOPCIÓNS
Cunha media de 600 cans nas súas instalacións, o Centro de Acollida de Armenteira "necesita dun traballo inxente".
Sanxenxo é o concello onde máis abandonos de cans se rexistran en toda a provincia
Ano tras ano o número de abandonos de mascotas non mellora, aínda que neste 2017 si que se pode celebrar o aumento das adopcións.
Eva Villaverde indicou que no goberno provincial "estamos razoablemente satisfeitos co resultado" da campaña de sensiblización "Adopta. Está na túa man" porque nun só ano pasáronse de 320 adopcións a 430, "un dato moi positivo", valorou. Desde o seu inicio no ano 2012 o CAAN rexistrou un total de 1.300 adopcións.
"Contentos nunca se pode estar porque se hai adopcións é porque hai cans abandonados", sinalou Vilaverde.
Segundo os datos recollidos polo Centro de Armenteira, en numeros absolutos o concello onde máis abandonos de cans rexístranse en toda a provincia é Sanxenxo, con 84 animais. En termos porcentuais, atendendo á poboación do municipio, o Concello de Meis é o que máis abandonos rexistra 1,3% (a media estatal é de 0,3%) aínda que isto explícase debido a que o CAAN está situado neste concello e moitos animais son soltados polos seus donos nas proximidades da canceira.
Apenas o 6% dos cans recollidos chegan ao CAAN con microchip
Hai moitos chuchos que son recollidos polos seus donos na mesma operación do lacero, porque están perfectamente identificados. Foi o caso de 291 cans.
Con todo apenas o 6% dos cans recollidos chegan ao CAAN con microchip.
Relacionadas:
-
O CAAN recuperou 900 cans na provincia durante este ano
Por Redacción |
-
A canceira provincial atende unha media anual de 50 animais maltratados
Por Oskar Viéitez |
-
Propoñen cambiar o modelo de macrocanceira do CAAN e crear políticas provinciais contra o abandono animal
Por Redacción |
-
Activistas propoñen o "sacrificio cero" de animais domésticos
Por Redacción |
-
Inician unha campaña contra o abandono de cans porque "está na túa man"
Por Diego Espiño |