Un camión, outra vez atascado en Benito Corbal
Por Redacción
A historia repítese. Nesta ocasión un tráiler que transportaba material de obra para a reforma do Gran Garaxe quedou atascado na rúa Benito Corbal.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local, o camión estaba autorizado para acceder á rúa peonil de 8 a 10 horas. Non era a primeira vez que o chofer dirixía este vehículo por esta zona, con todo, a diferenza das anteriores ocasións este martes a carga sobresaíalle do remolque.
O tráiler transportaba vigas de 12 metros para a nova tenda de Mango que se está construíndo no antigo Gran Garaxe.
O atasco prolongouse durante un cuarto de hora, ata que o condutor conseguiu completar o xiro entre a rúa Pérez Villamil, que sobe desde a praza de Barcelos ata Benito Corbal.
Aínda que a Policía Local afirma que non houbo danos ao mobiliario urbano, algunhas testemuñas presenciais aseguran que un farol situado no mesmo cruzamento resultou danado durante a manobra.
Relacionadas:
-
Un tráiler non autorizado entra no centro e queda atascado en José Millán
Por Natalia Puga |
-
Un tráiler queda atascado no cruzamento do colexio Calasancias
Por Diego Espiño |
-
Arrancan as obras para converter o Gran Garaxe nunha tenda Mango
Por Oskar Viéitez |
-
Patrimonio e Concello dan o visto e prace á reconversión do Gran Garaxe nunha tenda Mango
Por Oskar Viéitez |