O paro na cidade sitúase en 9.378 desempregados ante a preocupación sindical
Por Redacción
A cidade de Pontevedra conta con 9.378 desempregados, 58 máis que no mes de xaneiro. Deles os 4.542 son homes e 4.836, mulleres. No sector servizos rexístranse 5.975 parados e o segundo sector que suma máis desempregados é o da construción con 1.533.
Dende o sindicato UGT, o secretario comarcal, Ramón Vidal, considera que o dato é negativo porque "en lugar do que di o Goberno de que se está ralentizando, nós cremos que se está profundizando". Vidal considera que cada vez máis difícia a recuperación porque non existe contratación. O Goberno en lugar de cambiar a política laboral, segundo expón o responsable local de UGT, están a intensificala.
Os sindicatos alertan de que o sector servizos é o que máis está a sufrir a crise e reclaman unha reforma financeira para poder rescatar os diferentes sectores económicos.
Noutras localidades da bisbarra, Marín alcanza os 2.803 desempregados, Bueu sitúase en 1.349 e Poio en 1.871 mentres que Sanxenxo supera en cincuenta e oito persoas os dous mil parados.