Un veciño de Vilaboa, investigado por provocar un incendio forestal
Por Redacción
A Policía Autonómica informou este venres da investigación dun home como presunto autor dun incendio forestal no concello pontevedrés de Vilaboa.
O lume que tivo lugar pasado día 9 de decembro afectou a unha superficie de 4.600 metros cadrados, no lugar de Areeiros, parroquia de Santa Cristina de Cobres. Na investigación contouse coa colaboración dos axentes medio ambientais da Brigada de Investigación de Incendios Forestal (B.I.I.F) da Consellería do Medio Rural, comprobándose que o lume se debeu a un escape de queima, que o investigado realizou de forma neglixente.
Para a extinción do lume foi necesaria a intervención do persoal do servizo de extinción de incendios da Xunta de Galicia.
Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Garda de Cangas do Morrazo.
Na actual campaña anti-incendios forestais do 2016, un total de 71 persoas foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.