Rocío Laseca e Amai Rodríguez, dúas alumnas da Esdemga na Madrid Fashion Week
Por Redacción
Hai menos dun mes, a titulada en Esdemga Rocío Laseca estreaba na décima edición de Debut a colección que constituía o seu proxecto de fin de estudos, Who are you?, un traballo que o vindeiro mes de febreiro trasladará a un dos principais escaparates da moda en España, a Mercedes-Benz Madrid Fashion Week.
Será o 21 de febreiro cando esta egresada presente unha versión ampliada desta colección na plataforma para novos talentos da antiga pasarela Cibeles.
Xunto a Laseca, os Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galiza estarán tamén representados nesta nova edición do Ego por unha titulada da súa primeira promoción, a deseñadora Amai Rodríguez Coladas, natural de Poio, que participará por terceira vez nesta pasarela.
"Poder participar no Ego e que expertos en moda valorasen o meu traballo desta maneira é para min unha satisfacción moi grande", salienta Laseca da súa elección para a “principal pasarela española”, nunha plataforma á que concorren estudantes e titulados de escolas de moda de toda España.
Na edición número 65 da Fashion Week, compartirán protagonismo con Rodríguez Coladas, Existence Research Program, Threeones, Outsiders Division, María Magdalena, Marlina Pradshot, Nacho Costa e Juan Carlos Pajares, que pechará este desfile como deseñador procedente das pasarelas internacionais de Mercedes-Benz.
Relacionadas:
-
Unha deseñadora de Poio, Premio Nacional á Excelencia Empresarial en Moda
Por Redacción |
-
A Esdemga, convidada en Londres á Graduate Fashion Week
Por Oskar Viéitez |
-
Unha estudante da Esdemga triunfa na Mostra do Encaixe de Camariñas cunha proposta futurista
Por Redacción |
-
Dez anos amosando o futuro da moda galega
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |