Desaparece unha moza de Fisterra en Pontevedra
Por Redacción
A moza de 22 anos, Arantxa Suárez Díaz, veciña de Fisterra desapareceu o pasado xoves 28 de febreiro cando saía de noite por Pontevedra. Dende entón descoñécese o seu paradoiro.
A súa familia e amigos puxeron en marcha unha campaña de busca a través das redes sociais reclamando información a calquera persoa que poida achegar algún dato sobre a súa desaparición. Os teléfonos para establecer contacto cos seus familiares son 637.424.122 y 637.702.896.
Polo momento, as forzas policiais investigan o caso sen descartar ningunha das posibles causas da desaparición.