Telmo Martín acusa o goberno de Sanxenxo de falta de liderado durante 2016
Por Redacción
O portavoz do Partido Popular en Sanxenxo, Telmo Martín, cualificou ao goberno do bipartito do alcalde Gonzalo Pita como o peor que tivo Sanxenxo "en muchos años". Martín quixo facer un repaso da situación que vive a vila turística no último ano.
Lamentou que se suspendera a Festa da Raia despois de 22 edicións, que se perderon seis bandeiras azuis entre elas as de Areas, Caneliñas ou a praia de Pragueira e considera unha mala noticia que o goberno tripartito fose incapaz de contratar os socorristas necesarios para as praias durante a época estival e aos auxiliares de policía para garantir a seguridade cidadá, que segundo apuntou tivo as súas consecuencias ao producirse pelexas na contorna do porto deportivo.
Indicou que ante esta situación, moitos visitantes se senten inseguros e prefiren outro destino turístico que lles ofreza máis garantías. Ademais apuntou que Sanxenxo nunca estivo tan sucia como durante o pasado verán.
Tamén lamentou que se suspendesen hai 16 meses as obras da avenida Luís Rocafort sen que se retomaran, a pesar de que o goberno de Pita anunciara que se ía a mellorar o proxecto. A este incumprimento que destaca Martín tamén lle suma outras reformas que estaban previstas polo equipo de goberno e que non se levaron a cabo como a do porto de Portonovo, a mellora do litoral da ría de Arousa, o pavillón de deportes de Nantes ou a reforma da rúa Progreso.
Martín considera que nestes últimos 18 meses comprobouse que o goberno actual carece de planificación e de liderado.
Relacionadas:
-
Sanxenxo aplaude a rectificación da Xunta do decreto dos socorristas
Por Redacción |
-
Telmo Martín: "si Pita tuviera decencia política, él y su gobierno tendrían que irse para casa"
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo, a polas 13 bandeiras azuis
Por Redacción |
-
RADIO.- Que tería sido de Telmo Martín se fora mozo de axuda nun banco de Frankfurt?
Por Marisa Ciordia |
-
Sanxenxo ten dez días para pagar 137.600 euros a unha promotora
Por Redacción |