Lavado de cara para o pavillón municipal e a nave de deportes naúticos de Bueu
Por Redacción
A suma de dúas baixas en licitacións de obras, por valor de 31.827,82 euros, permitirá realizar melloras nas instalacións deportivas de Bueu.
En concreto a Deputación de Pontevedra acaba de remitir ao Concello de Bueu a resolución para acometer a reforma da fachada da nave de deportes naúticos e a adecuación do interior do Pavillón Municipal Pablo Herbello.
O proxecto acometerase coa partida sobrante de dúas obras que se realizaron con cargo ao Plan de Obras e Servizos da administración provincial.
Na nave de deportes náuticos está previsto mellorar a fachada cun novo material para a súa cuberta, abriranse xanelas para a súa mellor ventilación e iluminación e aplicarase un tratamento de conservación aos muros de pedra existentes,
Pola súa banda no pavillón municipal colocaranse 400 asentos de plástico con respaldo nas bancadas para mellorar a comodidade dos espectadores.
Relacionadas:
-
Unha pasarela mellorará a accesibilidade no pavillón municipal Pablo Herbello
Por Redacción |
-
Bueu mellorará a accesibilidade do Pavillón Municipal Pablo Herbello
Por Redacción |
-
O pavillón de Bueu súmase á biomasa
Por Redacción |
-
Bueu inicia o proxecto para a construción dun pavillón de deportes en Cela
Por Redacción |