Pillados "in fraganti" cando tentaban roubar no campo de fútbol de Figueirido
Por Redacción
A Garda Civil de Moaña sorprendía "in fraganti" a uns mozos que intentaban forzar a porta da cantina do campo de fútbol de Figueirido no concello de Vilaboa. Os axentes detiveron un mozo de 26 anos, veciño de Pontevedra, e a un menor con domicilio en Moaña, como os supostos autores dun delito de roubo con forza en grao de tentativa. Un terceiro mozo fuxiuse ante a chegada das forzas da orde e agora a Garda Civil está a investigar coa intención de localizalo.
O mozo detido e o menor foron conducidos ás dependencias oficiais onde se instruíron as correspondentes dilixencias, que foron
entregadas no Xulgado de Instrución número un de Cangas do Morrazo, mentres que o menor terá que comparecer ante a Fiscalía de Menores de Pontevedra.
Dous detidos por un roubo en Cambados
A Garda Civil de Cambados detivo dous mozos de 21 e 22 anos, ambos os dous veciños de Vilanova de Arousa, como supostos autores do roubo con forza nun bar cambadés.
A raíz da denuncia presentada ante a Garda Civil polo propietario dun bar de Cambados, iniciáronse as investigacións que finalizaron coa detención dos mozos na tarde do venres. Os dous carecen de antecedentes e quedaron en liberdade coa obriga de presentarse no Xulgado de Instrución número 3 de Cambados cando sexan requiridos.