A oposición censura que o BNG pretenda gobernar con maioría "sen tela" e nega pacto algún
Por Alejandro Espiño
Coas emendas que a oposición logrou introducir ao orzamento de 2017, as contas municipais saen "melloradas". Así o explicou o portavoz de Marea, Luís Rei, palabras nas que coinciden o resto de portavoces. Todos eles, salvo María Rey, avanzaron que cambiarán o sentido do seu voto no pleno e votarán a favor deste orzamento.
A pesar diso, uns e outros negaron que exista pacto algún para "torpedear" o goberno do BNG, como denunciou o alcalde. Iso si, censuran que os nacionalistas pretendan gobernar a cidade de Pontevedra con maioría absoluta "sen tela", segundo afirmaron este mércores desde as filas de Partido Popular, PSdeG-PSOE, Marea e Cidadáns.
O portavoz do PP, Jacobo Moreira, lamentou que a pesar de estar en minoría o BNG non aceptase ningunha das emendas presentadas pola oposición, o que demostra que o goberno municipal está "aislado" e demostra que "no sabe dialogar". A súa negativa, engadiu, é unha "prueba" de que non tiveron "vocación alguna" de chegar a un acordo.
"Siguen sin aceptar que no tienen mayoría absoluta", afirmou Moreira, que criticou o "victimismo puro" e o "cinismo" dun alcalde que, en todo caso, as explicacións "se las debería de pedir a la ciudadanía que es la que no le ha dado esa mayoría", deixándolle nunha situación na que "debe negociar con otros partidos".
Das emendas presentadas polo PP aprobáronse tres: a introdución dunha partida para redactar a novo PXOM e outra para o transporte metropolitano e a obrigación de que calquera transferencia recibida polo Concello doutras administracións -subvenciones, axudas ou convenios- sexa trasladada ao pleno para a súa aprobación. Rexéitase a baixada do IBI.
Pola súa banda, o socialista Agustín Fernández cualificou como unha "falta de respecto" que o goberno local trate á oposición coma se fosen "súbditos de Lores" e lembrou que o PSdeG-PSOE ofreceu un acordo de gobernabilidade aos nacionalistas que estes rexeitaron "sen negociar absolutamente nada".
"O alcalde igual ten que irse se non é capaz de negociar un orzamento", dixo Fernández, que lembrou que non vivimos nun "réxime" e que gobernar en minoría "ten estas cousas". En todo caso, ve unha "especial inquina" cara ao PSOE dun Lores que "cre que este é o seu cortijo" e ao que ve "como un neno mimado ao que lle romperon o xoguete e chora".
As propostas do PSOE foron aprobadas todas menos o estudo para remunicipalizar a auga, a partida para cambiar de localización do parque de autocaravanas, a redacción dun plan estratéxico e o destino dun millón de euros para o saneamento do rural, á conta das infraestruturas deportivas.
Para Luís Rei, portavoz de Marea, o BNG "tivo tempo para aterrar na realidade" porque, dixo, un ano e medio despois das eleccións seguen nun "estado de soberbia" a pesar de non contar con maioría absoluta. Iso traduciuse, segundo a súa opinión, en que o orzamento foi "amplamente mellorado" pola oposición e agora está "máis cómodo" con el.
No caso de Marea, foron aprobadas sete das nove emendas presentadas. Tan só foron rexeitadas as relativas ao rescate da concesión do servizo de abastecemento de auga e a introdución dunha partida para retirar o monumento ao soldado de Montero Ríos.
Cidadáns, aínda que logrou introducir case todas as súas emendas, confirmou que manterá o seu voto negativo ao orzamento. María Rey dixo, en todo caso, que con estas modificacións é "más equitativo y ecuánime". No seu caso, apróbanse todas salvo os cursos de formación en materia de incendios, a dotación de chalecos antibala adaptados ás axentes da Policía Local e a implantación dun sistema homoxéneo para a sinalización turística.
"Yo sí estoy en contra del modelo de ciudad que nos venden los nacionalistas", afirmou a portavoz de Cidadáns, porque entende que carece de plan económico e limítase a "parches y aceras". Pero María Rey asegurou que a oposición "no hemos hablado" e pediu ao BNG que estean "a la altura de las circunstancias" porque "no estamos en el instituto para cogerse un enfado por algo que viene dentro del reglamento".
Relacionadas:
-
Dous novos informes contrarios ás emendas da oposición enredan aínda máis o orzamento
Por Alejandro Espiño |
-
Carmela Silva insiste en que o pacto BNG-PSOE na Deputación "se vai manter" pese á crise dos orzamentos
Por Natalia Puga |
-
A oposición trata de emendar o informe desfavorable de Intervención ao orzamento
Por Oskar Viéitez |
-
Pontón insta a Leiceaga e Villares a frear a "gran coalición á galega" contra o BNG en Pontevedra
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño |
-
Lores denuncia unha "moción de censura encuberta" tras unirse a oposición para "destrozar" o orzamento
Por Alejandro Espiño |
-
Iniciativas sociais e de reactivación económica, eixo das emendas do PSOE ao orzamento
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra propón recortar en cultura e festas para crear unha renda social e transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez |
-
O PP presenta dúas emendas para "restrinxir a arbitrariedade" do alcalde cos cartos públicos
Por Redacción |
-
Cidadáns presenta emendas ao orzamento municipal valoradas en máis de 600.000 euros
Por Redacción |