Salcedo deberá buscar novos terreos para o seu campo de fútbol
Por Alejandro Espiño
A aparición de patrimonio prehistórico nos terreos nos que estaba previsto construír o novo campo de fútbol de Salcedo, no lugar de Cabanas, impedirá que se poida materializar o proxecto. Polo menos, na localización elixida inicialmente.
Os informes arqueolóxicos solicitados polo goberno municipal desaconsellan a construción desta instalación deportiva.
Así o recoñeceu o concelleiro delegado de Rural, Demetrio Gómez, tras a aparición en Salcedo dun petróglifo e dunha coviña, así como restos dunha antiga canteira. Ambos os elementos están situados moi preto do que debería ser o centro do campo de fútbol, o que impide construír o campo nesa zona.
Á espera de que os técnicos municipais emitan os informes preceptivos, que dificilmente levarán a contraria aos arqueólogos do Concello, Demetrio Gómez avanzou que se convocará ás comunidades de montes de Lourizán e Salcedo e ao club de fútbol da parroquia a unha reunión de urxencia.
A intención é analizar con eles a actual situación e empezar a buscar un novo terreo no que poder construír o campo de fútbol.
Relacionadas:
-
O PP propón trasladar o petróglifo aparecido en Salcedo para construír o campo de fútbol
Por Redacción |
-
A comunidade de montes de Lourizán rexeita ceder os terreos para construír o campo de fútbol
Por Redacción |
-
O Casal acollerá o campo de herba sintética que compartirán Salcedo e Lourizán
Por Redacción |
-
Principio de acordo para reubicar no Casal o campo de fútbol de Salcedo-Lourizán
Por Redacción |
-
Descubren un novo petróglifo en Salcedo
Por Redacción |
-
Recta final dos traballos arqueolóxicos previos á construción do campo de fútbol de Salcedo
Por Redacción |
-
Inician os trámites para construír un novo campo de fútbol en Salcedo
Por Diego Espiño |