Abre Martitegui, pecha Xofre de Tenorio
Por Redacción
Continúan as obras na contorna da praza e da glorieta de Concepción Arenal có obxectivo de recuperar o pavimento desa zona que se atopaba en mal estado.
Este luns 4 de marzo, a rúa Xeneral Martitegui vai abrirse ao tráfico a partir das 8:15 da mañá, unha vez que xa remataron os traballos que se desenvolveron ao longo desta última semana dentro do Plan de emerxencia.
A partir das 10 da mañá, a rúa Xofre de Tenorio vai pecharse á circulación de vehículos e así continuará ao longo de toda a semana ata o 11 de marzo.
O Plan de emerxencias comezou en xaneiro coa intención de reparar diversos espazos peonís que, segundo o goberno local, víronse afectados polos temporais de chuvia durante os meses de novembro e decembro. Lévanse investidos máis de 162 mil euros na substitución de lousas defectuosas e tamén en superficies enteiras peonís de zonas de elevado tránsito.