VÍDEO.- Tensión no xuízo polo crime de Conchi: "Asesino"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
"Saca la capucha, asesino. Saca la capucha, cabrón, hijo de puta, asesino de mierda (...) Asesino". É o berro desesperado dun cuñado de Conchi Reguera Peón e o destinatario da súa rabia, Juan Antonio Lusquiños, 'Coco', o seu presunto asasino. A escena viviuse este luns á saída do edificio da Audiencia Provincial, onde comezou o xuízo polo crime machista.
Tras unha primeira sesión do xuízo con xurado na que os familiares de Conchi tiveron que vivir momentos moi tensos, e cando o acusado xa abandonaba o edificio xudicial custodiado pola Policía Nacional, un cuñado da vítima non puido soportar a presión e acabou explotando e increpando a 'Coco'. Achegouse ao coche patrulla no que ía ser trasladado.
A mediación dun policía evitou que se achegase a el, pero non que lle dixese o que sentía e non puidera dicirlle tras o brutal crime do 24 de outubro de 2015 no que Conchi recibiu 20 puñaladas a poucos metros da súa casa.
Familiares de Conchi presenciaron este luns a primeira sesión do xuízo, algúns dentro da sala de vistas e outros, como os seus tres irmáns e a súa nai, no exterior porque logo entraron como testemuñas. A escena de maior dor deixouna a nai da falecida, Concepción Peón Soto.
A fiscal preguntoulle se quería ser indemnizada polos danos morais e polos danos materiais que causou no seu coche, pois era o que conducía Conchi, no que confesou darlle a primeira puñalada e, máis tarde, o que utilizou para fuxir ata que quedou danado nunha pista forestal. "Yo lo quiero es que, cuánto más le pueda caer de penitencia, mejor. Y si con todas esas cosas le viene más, pues más", indicou, sumida no pranto.
Mentres a pena invadía ás súas irmás, Pilar e Begoña, o seu irmán Carlos Alberto non puido evitar que lle atacase a rabia e, ao remate da súa breve declaración na sala de vistas, increpou ao acusado. Non se achegou a el, pero si lle proferiu insultos como "tu puta madre, cabrón, hijo de puta", ao non poder aguantar a tensión.
Relacionadas:
-
O asasino de Conchi Reguera pide que lle rebaixen a pena porque matouna tras un "arrebato"
Por Redacción |
-
20 anos de cárcere para Juan Antonio Lusquiños, o asasino de Conchi Reguera
Por Alejandro Espiño |
-
O xurado declara culpable de asasinato ao acusado do crime machista de Conchi
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os forenses descartan alteración psiquiátrica no acusado do crime de Conchi: "Sabe lo que hace"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
O acusado do crime de Ponte Sampaio pide perdón á familia e volve confesar: "Me cegué"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O autor confeso do crime machista de Ponte Sampaio, a xuízo
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
O "muy arrepentido" autor confeso do crime machista de Ponte Sampaio será xulgado en decembro
Por Natalia Puga |
-
Conchi. 38 anos. Ponte Sampaio
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
"Salí al balcón y la estaba apuñalando. Yo le chillé que la dejara. La cosió a cuchilladas"
Por Natalia Puga |
-
Dúas familias esnaquizadas: a dela evita o velorio e a del chámalle "asesino mal nacido"
Por Natalia Puga |