O autor confeso do crime machista de Ponte Sampaio, a xuízo
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Chama ao 016, teléfono confidencial para vítimas de violencia de xénero. Non deixa rastro na factura
A piques de cumprirse 14 meses do crime machista de Conchi Reguera Peón o 24 de outubro de 2015 na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, o seu autor confeso sentará a partir deste luns no banco dos acusados. José Antonio Lusquiños Bustelo, 'Coco', será xulgado ata o venres por un xurado popular na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra.
O xuízo arrancará este luns 12 coa selección do xurado, que non se prevé sinxela. Logo chegar a declaración do procesado, que mantivera unha relación sentimental coa súa vítima durante nove meses e, unha vez rota, matouna a coiteladas a poucos metros da súa casa de Ponte Sampaio. A continuación, deuse á fuga para ser detido horas máis tardes na casa dos seus pais en Soutomaior.
O acusado xa confesou o crime tras a súa detención e en outubro, con motivo do aniversario do crime, o seu avogado indicou a PontevedraViva que "recoñece os feitos" e "está moi arrependido". Chegoulle ese arrepentimento no centro penal de Teixeiro, na Coruña, no que se atopa por decisión do cárcere da Lama para evitar posibles incidentes, pois unha persoa moi próxima á vítima traballa na prisión pontevedresa.
A Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra e a acusación particular, que exerce a Xunta de Galicia, pedirán ao xurado que lle declare culpable dun delito de asasinato con aleivosía polo que pide que se lle impoña unha condena de 20 anos de prisión e 25 anos máis de prohibición de residir na parroquia de Ponte Sampaio, onde ocorreu o crime; no lugar de Acevedo, onde reside a familia da vítima; ou na cidade de Pontevedra. Nese tempo non poderá nin sequera acudir a estes lugares.
A defensa do procesado non negará os feitos, pero o seu avogado pedirá ao xurado que lle condeden por un delito de homicidio no que concorren dúas circunstancias atenuantes. Con esa cualificación, entende que debería ser condenado a 10 anos de prisión.
Dada a confesión, as partes falaron dun posible acordo de conformidade previo ao xuízo, pero esta causa penal séguese pola Lei do Xurado e esta impide este tipo de acordos en todos os procedementos nos que o procesado enfróntase a penas superiores a seis anos de prisión.
Relacionadas:
-
O xurado declara culpable de asasinato ao acusado do crime machista de Conchi
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os forenses descartan alteración psiquiátrica no acusado do crime de Conchi: "Sabe lo que hace"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- Tensión no xuízo polo crime de Conchi: "Asesino"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O acusado do crime de Ponte Sampaio pide perdón á familia e volve confesar: "Me cegué"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- Educar para cambiar a mirada sobre a violencia machista
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O "muy arrepentido" autor confeso do crime machista de Ponte Sampaio será xulgado en decembro
Por Natalia Puga |
-
O detido polo asasinato machista de Conchi enfróntase a 20 anos de prisión e 25 de 'exilio' de Ponte Sampaio
Por Natalia Puga |
-
A vítima do crime de Ponte Sampaio tiña feridas por terse defendido do seu agresor
Por Natalia Puga |
-
Como é o detido polo crime de Ponte Sampaio?
Por Natalia Puga |