O xerente do CHOP resposta ás críticas dos médicos pola mala situación laboral
Por Oskar Viéitez
O Xerente Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, José Manuel González Álvarez, responde con outro escrito ao malestar dos médicos do CHOP.
En primeiro lugar sinala que os médicos que manifestan o seu malestar polo desagradable clima laboral son 75 facultativos, dos case 500 de persoal que prestan servizo no Complexo Hospitalario de Pontevedra.
Ademais afirma o Xerente que acusar aos sucesivos equipos directivos de falta de diálogo é toda unha tradición neste Complexo Hospitalario.
Para José Manuel González o único dato concreto que se aporta no escrito dos 75 facultativos é unha suposta denigración do ata agora xefe de servizo provisional de Psiquiatría.
O xerente xustifica que a praza tivo que sacarse a concurso público por imperativo legal e que o seu equipo directivo non realizou ningunha manifestación nin valoración pública respecto diso, xa que é competencia exclusiva do tribunal evaluador.
Finalmente José Manuel González cualifica como sorprendente o momento elixido para facer público este escrito, en plena precampaña electoral e xusto nun mes no que, tanto o hospital do Salnés como o de Pontevedra, presentan os mellores datos asistenciales de setembro que se obtiveron en toda a súa historia.
A xerencia agradece o compromiso dos profesionais de todos os estamentos do Complexo, a pesar do delicadísimo momento económico no que nos achamos e que nos obrigou a tomar medidas excepcionais, e engade dolorosas tanto a nivel xeral como de xestión.
Poderase estar en desacuerdo con estas decisións pero é rotundamente falso que supoñan unha denigración persoal ou profesional para os traballadores, algo que xamais fixemos nin faremos, conclúe o xerente do CHOP.
Relacionadas:
-
O TSXG recrimina ao xerente do CHOP a forma en que cesou un xefe de servizo
Por Redacción |
-
O CHOP nega as "coaccións, ameazas ou represalias" denunciadas polos médicos críticos
Por Redacción |
-
Os médicos do CHOP críticos co xerente denuncian ameazas tras facer públicas as súas queixas
Por Diego Espiño |
-
75 facultativos molestos polo "desagradable clima laboral" do CHOP
Por Oskar Viéitez |