Vaipolorío retira ramaxe das pontes de Rebón e da Condesa
Por Oskar Viéitez
Este sábado voluntarios de Vaipolorío estiveron retirando ramaxe dos ollos das pontes de Rebón e da Condesa e do leito do río Gafos.
O obxectivo é minimizar os estragos das enchentes que están por chegar.
Neste caso, cando falan de limpar o río, refírense a retirar lixos do canle residuo por residuo, manualmente, sen empregar maquinaria, fundamentalmente madeira morta de pontes ou represas onde quedase retida e poida incrementar o risco.
Non é, por tanto, unha retirada da vexetación que crece nas súas canles xa que esta poden evitar moitas das catastróficas consecuencias das crecidas, xa que as súas raíces evitan a erosión do leito e restan forza á corrente, o que amortece o impacto contra as defensas, as pontes ou calquera outra construción.
Como lembran dende Vaipolorío, dí o dito popular que "para ser bo ano, o río ten que botar sete veces fóra".
Relacionadas:
-
Vaipolorío solicita a Adif que acondicione a vía de servizo do trazado do tren
Por Redacción |
-
Vaipolorío alerta dunha vertedura de terra no río Pombal procedente das obras da A-57
Por Redacción |
-
Vaipolorío pide voluntarios para limpar a presa do Muíño de Cabanas
Por Oskar Viéitez |
-
Recordo á "sensibilidade e sentido común" de Bermúdez de Castro
Por Redacción |