A Xunta quere reducir a velocidade de circulación no acceso ao polígono de Sequeiros
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica no Diario Oficial de Galicia deste venres a resolución na que fixa a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de mellora da seguridade viaria do acceso do polígono de Sequeiros no punto quilométrico 8 da estrada PO-531 no Concello de Barro.
Os titulares dos terreos, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Barro, deberán achegarse á Casa Consistorial o próximo 23 de decembro, entre as 9.30 e as 11.30 horas, coa finalidade de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados.
A Xunta financia estas actuacións cun orzamento de máis de 500.000 euros. A Xunta quere reducir a velocidade de circulación para rebaixar o número de accidentes que se rexistra neste tramo.
As actuacións previstas céntranse na execución dunha glorieta no principal acceso ao polígono industrial de Sequeiros. A construción da rotonda, ademais de mellorar a seguridade viaria no cruzamento ao evitar as numerosos cruces que se producen desde o carril central actual, obrigará a reducir a velocidade, que se identificou como unha das principais causas de accidente nesta zona.
O proxecto tamén ten previsto crear paradas de autobús e mellorar as barreiras de contención e a sinalización. Ademais rehabilitarase o firme dos accesos ao polígono e ao núcleo de Sequeiros.
Relacionadas:
-
A rotonda de acceso ao polígono de Sequeiros estará rematada no verán
Por Oskar Viéitez |
-
A mellora da PO-531 comeza no acceso ao polígono de Sequeiros
Por Redacción |
-
Tres novas empresas instalaranse no polígono de Sequeiros nos próximos meses
Por Redacción |
-
Vía libre para as expropiacións do acceso ao polígono de Sequeiros desde a PO-531
Por Redacción |