O PP critica que a Deputación externalice a roza das estradas en detrimento do Parque de Maquinaria
Por Redacción
O grupo provincial do Partido Popular suma unha nova crítica á xestión do bipartito PSOE-BNG que goberna a Deputación de Pontevedra desde o ano 2015. Nesta ocasión, cuestionan que decidiran externalizar as tarefas de limpeza e roza das vías provinciais, co gasto de 170.000 euros, cando o Parque de Maquinaria non está funcionando a pleno rendemento.
O voceiro 'popular', Ángel Moldes, sostén que unha cousa é contratar empresas externas para reforzar estas tarefas cando o parque de maquinaria xa está traballando ao cen por cen das súas posibilidades, pero outra ben diferente é "recorrer á empresa privada cando os recursos propios non se están aproveitando ao máximo, como é o caso".
Así, segundo os datos facilitados polo PP a través dun comunicado, os tractores provinciais non están a traballar "nin coa intensidade nin coa frecuencia que deberan" mentres se optou por externalizar ese servizo. "Lonxe de buscar unha solución a longo prazo e apostar por un plan para garantir o mantemento das estradas durante todo o ano, poñendo a traballar a todos os tractores provinciais, o que fan é apostar por unha actuación puntual", indica,
Ante esta situación, urxe ao gobierno provincial que "primeiro aproveite ao máximo os recursos cos que conta no Parque de Maquinaria e despois valore se é preciso e en que medida reforzar as súas tarefas coa empresa privada".
Ángel Moldes insiste tamén en que desde que o bipartito goberna na Deputación "hai unha clara desidia e desinterese" polas estradas provinciais. Como exemplo, asegura que "o estado é alarmante na maior parte delas" e que "nunca estiveron tan pouco atendidas".
Relacionadas:
-
Bueu aproba unha moción para reducir o eucalipto nos montes
Por Redacción |
-
CC.OO. sostén que a Deputación "mentía ao dicir que o Parque de Maquinaria non se ía a privatizar
Por Redacción |
-
A Deputación adxudica a oito empresas a roza das estradas provinciais
Por Oskar Viéitez |
-
O conflito do Parque de Maquinaria leva a Carmela Silva a darse de baixa de Comisións Obreiras
Por Oskar Viéitez |
-
CCOO reitera que o Parque de Maquinaria está "abandonado" e pide "sensatez" á Deputación
Por Alejandro Espiño |