Loaira, Casa Román e Icewolf, os mellores de Pontedetapas para o xurado; El Cafetín, para o público
Pontedetapas 2016 xa ten gañadores. E desta volta, parece que non coincidiron os gustos do xurado profesional e do público. A tapería Loaira como mellor tapa creativa, Casa Román como mellor tapa tradicional e Icewolf como mellor cóctel foron elixidos como as mellores propostas gastronómicas deste ano. Iso sí, para a xente o mellor foi o prato presentado por El Cafetín.
Así se desvelou nunha gala celebrada este mércores na Casa da Luz de Pontevedra, onde se entregaron as distincións do certame deste ano.
A Sopa de mar con vermú da tapería Loaira, segundo o xurado, superou a Jack o langostino de El Cafetín, na categoría de tapa creativa. Pola súa banda, no ámbito tradicional, a Empanada de choco de Casa Román triunfou por diante do Anaco de vaca de La casa de las 5 puertas; e entre os cócteles, O fogar dos peixes do Icewolf venceu ao Cóctel fusión do Café Central.
Pero será El Cafetín quen represente a Pontevedra no certame De tapas por Galicia que promove Turismo de Galicia entre os gañadores dos concursos gastronómicos das sete capitales galegas. Rubén González terá así a posibilidade de revalidar o título de Mellor Tapa de Galicia acadado o ano pasado.
A súa tapa foi a máis valorada polo público ao lograr 6.731 puntos. Quedaron en segundo e terceiro lugar o Xarrete de tenreira con delicias do bosque da Creperie Cre-Cottê con 3.744 puntos e Pontetapas con Tiras de entrecosto con escamas de sal negro e timbal de pataca con labras de foie con 3.731 puntos.
Nos dezaoito días do concurso -con tres fins de semana completas- vendéronse 34.014 tapas e cócteles, un reconto feito a partir dos datos proporcionados polos 52 establecementos participantes nesta edición.
Entre os 23.422 cupóns de votación válidos entregados polo público escolleuse un por extracción ao azar dotado cun premio de 500 euros en vales para gastar no comercio local. Tamén sorteouse outro premio de 500 euros en vales para gastar no comercio local entre os 370 usuarios da app, que emitiron 1.308 votos.
Concedéronse tamén as ceas para dúas persoas valoradas en 60 euros a escoller entre todos os establecementos do concurso aos dez pasaportes entregados na Casa da Luz con maior número de selos.
Relacionadas:
-
A décima edición de Pontedetapas xa está aquí!
Por Alejandro Espiño |
-
Rubén González e Sergio Orge (El Cafetín) volven representar a Pontevedra no certame De Tapas por Galicia
Por Redacción |
-
18 días para degustar o mellor da gastronomía local en pequenos bocados
Por Redacción |
-
'Molla a palleta' e ponte 'como un quico' nun Pontedetapas no que comerás 'como unha raíña'
Por Alejandro Espiño |