Estudantes arousanos concienciaránse na necesidade de defender a ría
Por Redacción
Estudantes de Vilagarcía de Arousa participan nunha iniciativa ambiental impulsada polo Grupo de Acción Local Pesqueiro de Arousa (GALP), que conta con financiación europea.
O proxecto denominado "Un futuro sostible para a nosa ría" busca concienciar aos máis pequenos da necesidade que existe nunha ría como a de Arousa de coidar o litoral mariño. Tamén participarán outros municipios da súa contorna como Vilanova, A illa, Cambados e ou Grove.
As actividades comezarán o vindeiro venres, día 9, no CEIP Rubiáns, cunha xornada de sensibilización ambiental no centro escolar para posteriormente levar a cabo unha actividade de limpeza nunha das praias do concello.
Este programa proseguirá o día 10 na Illa en colaboración co colectivo Ao Xeito, onde está programada unha actividade na praia de Cabodeiro co obxectivo de crear conciencia sobre o problema das verteduras e a contaminación do mar. Trátase dunha actividade aberta ao público en xeral que comezará ás 16:00 horas. Tamén participarán outros centros da comarca como o IES Xulio Camba de Vilanova, o CEIP Corvillón de Cambados e o IES As Bizocas do Grove.