Sorprendido 'in fraganti' cando tentaba roubar no campo de fútbol de Cuntis
Por Redacción
A Garda Civil sorprendeu de madrugada a un home intentando forzar diversos accesos ao campo de fútbol de Cuntis para roubar no seu interior. Tras dalo o alto, procederon á súa detención como autor dun delito de roubo con forza en grao de tentativa.
Segundo informa o Instituto Armado, de madrugada recibiron un aviso de que podería estar a cometerse un roubo nas instalacións do campo de futbol de Cuntis. Ante esta información, trasladáronse ao lugar patrullas da Garda Civil desta localidade e de Vilagarcía de Arousa.
Nas inmediacións detectaron a presenza dunha furgoneta marca Renault, modelo Kangoo, semioculta nun lateral das instalacións deportivas e sen ninguén no seu interior, de modo que procederon a efectuar unha exploración da zona.
Os axentes observaron que unha das portas de acceso tiña o candado roto e que a que abre o cuarto de caldeiras estaba forzada. Pouco máis tarde viron que unha persoa saltaba o muro cara ao exterior e lograron interceptalo pouco despois mentres camiñaba pola estrada.
O home foi identificado e, posteriormente, detido. Resultou ser P.A.A., de 34 anos de idade, veciño de Vilagarcía de Arousa e sen antecedentes policiais. Será posto a disposición do Xulgado de Garda de Caldas de Reis.