Os traballadores de Cespa aproban unha folga indefinida do servizo do lixo ante a ruptura das negociacións
Por Redacción
Os traballadores da empresa Cespa, concesionaria do servizo de limpeza e recollida de lixo en Pontevedra, saíron á rúa este sábado ante a ruptura das negociacións que mantiñan coa empresa para renovar o convenio colectivo. Tras meses de conversacións, consideran que existen diferenzas insalvables e aprobaron xa en asemblea unha folga indefinida para que aínda están a buscar datas.
O presidente do comité de empresa de Cespa en Pontevedra, Juan Carlos Corredoira, explicou que "as negociacións agora mesmo están rotas e atrancadas", de modo que "imos continuar coas mobilizacións". Este sábado concentráronse ante a sede da firma na rúa Andrés Muruais e a continuación percorreron as rúas da contorna.
A asemblea aprobou xa que o seguinte paso sexa unha folga indefinida, pero deberán decidir aínda para cando: "estamos barallando datas".
As negociacións levan desde o mes de abril e céntranse en tres puntos, unha subida salarial tras tres anos coas nóminas conxeladas, beneficios sociais e recoñecemento da antigüidade. Nos dous primeiros puntos "poderíamos chegar a acordo", pero o terceiro é o que impide o entendemento, pois Corredoira sostén que "queren intentar quitar o anular dereitos dos traballadores e non estamos dispostos a pasar por iso".
"Gustaríanos saber, como traballadores, como nos vai a afectar o novo sistema da recollida e o compost"
Ademais de estar preocupados pola súa situación laboral interna, Corredoira indicou este sábado que os traballadores tamén seguen con inquietude o proceso de renovación da concesión do servizo de lixo en Pontevedra: "Preocúpanos bastante, gustaríanos ter información sobre como está o contrato, como vai sair e como nos afecta aos traballadores".
Outro foco de preocupación é o novo sistema de tratamento de lixo que impulsa o Concello, baseado na compostaxe e demandan máis información á empresa respecto diso, pois "gustaríanos saber, como traballadores, como nos vai a afectar o novo sistema da recollida e o compost".
Relacionadas:
-
Preacordo entre Cespa e traballadores. Se o persoal o ratifica non haberá folga
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores de Cespa manteñen, por agora, a folga na recollida de lixo a partir de 25 de decembro
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O Concello insta a Cespa a retomar as negociacións para evitar a folga na recollida de lixo
Por Alejandro Espiño |
-
Os traballadores da recollida de lixo convocan unha folga indefinida a partir do día de Nadal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Representantes do persoal e a dirección de Cespa retoman as negociacións sen avances
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Retómase a negociación do convenio na adxudicataria da recollida de lixo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Traballadores do servizo de limpeza concéntranse para reclamar unha suba salarial no convenio colectivo
Por Anxo Lourido |
-
Ameazan cunha folga na recollida de lixo ante o bloqueo na negociación do convenio colectivo
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello aforrará máis de 56.000 euros en 2015 ao pedir a empresa concesionaria da limpeza a revisión do canon
Por Redacción |